domingo, 20 de mayo de 2018

Obradoiro de instrumentos musicais antigos con Tere Santamaría



Este ano, como non podía ser menos, os/as nenos/as de terceiro de primaria celebramos O Día das Letras Galegas. O martes 15 de maio tivemos un magnífico obradoiro con Tere Santamaría. 
As mestras explicáronnos que Tere é unha das mulleres importantes de Galicia. Forma parte do grupo de música folk Son de Seu, é actriz de dobraxe e ten moitos coñecementos sobre as tradicións musicais de Galicia.
Comezamos aprendendo como hai moitas cancións que foron pasando, oralmente, dunha xeración a outra. Mostrounos tamén como con case calquera cousa pódese facer música. Con latas, cunchas, culleres de pao, morteiro. tarrañolas (costelas de porco)... Aprendemos tamén a diferenza entre pandeira, pandeireta, pandeiro e mesmo o adufe que é de orixe portugués.
Finalmente cantamos algunhas cancións tradicionais que xa coñecíamos e outras que nos ensinou ela.
Pasámolo moi ben!!!
Moitas grazas Tere por compartir o teu coñecemento e amor pola música tradicional galega connosco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario